SUXESTIÓNS DE TRABALLO PARA O PERÍODO VACACIONAL – 4º EP
Lembrades aquelas recomendacións xerais que vos demos cando empezamos na casa co traballo non presencial ao principio do confinamento? Pois esas mesmas suxestións nos poden servir para non quedarnos totalmente parados durante as vacacións. Ollo!!! Nin é obrigatorio facelas nin se trata de traballar de todo e todos
os días, teremos tempo abondo, senón planificarse e repasar aqueles contidos que consideremos máis
importantes, que máis nos gusten ou que nos apeteza recordar... Aquí vos deixo algunhas...
SUXESTIÓNS DE TRABALLO
Le todos
os días un pouco. Podes utilizar toda clase de textos. De seguro que
atoparás moitos e moi variados: contos, poesía, diarios, fábulas,
informativos, biografías, cartas, noticias, artigos, lendas, reportaxes,
teatro, históricos, entrevistas, novelas, etc.
Podes facer un pequeno resumo do que les e traballar a comprensión lectora.
Organiza o teu propio taller de escritura realizando
exercicios de composición que temos traballado ao longo do curso. De
seguro que tes temas e ideas para poder afrontalos todos. Proba con algún deles:
Empeza un diario. Conta
experiencias. Escribe unha receita. Reescribe algunha noticia que leas
nun xornal. Escríbelle unha carta a un amigo ou familiar. Escribe un
conto.
Se queres facer un repasiño gramatical podes utilizar as libretas de traballo e recordar os seguintes contidos:
A orde alfabética, a sílaba, o grupo nominal, o substantivo, o adxectivo, os determinantes, o verbo.
No tocante á ortografía e ao vocabulario podes utilizar as entradas deste blog que dedicamos a traballar estes dous aspectos da lingua. E por suposto, todas estas actividades que vos estou a propoñer podémolas realizar tanto en Lingua Castelá coma en Lingua Galega. Estaría xenial repartir as tarefas para traballar nas dúas linguas.
Podes facer exercicios de cálculo con números naturais e decimais.
Resolver problemas aritméticos
similares aos feitos neste curso (o caderno de traballo
pódeche servir de guía). Todos os días temos casos prácticos para
aplicar ás matemáticas (podes comprobar, por exemplo, se a lista da
compra é correcta ou que distancia hai ata a praia).
Repasar inglés. Por que non volver a facer os exercicios do libro ou do blog, ver unha película ou escoitar cancións en inglés?
Natural Science and Social Science
We can revise the units what were done in this time. To improve your English Skills, we can read books and watch TV in English.
QUE TEÑADES UNHAS PROVEITOSAS E MAGNÍFICAS VACACIÓNS!!!


