LINGUA GALEGA - TAREFA 47 - RESUMO DO LIBRO 📝
Hoxe temos a tarefa relacionada co libro de lectura escollido 📖 Será a
última tarefa de Lingua Galega que deberedes enviarme neste curso que remata
axiña.
Lembrades os microrrelatos e micropoemas? Pois hoxe imos escribir un “micro
resumo”. Debes escribir un RESUMO da túa lectura que teña, como moito, 200
PALABRAS e ENVIARMO á aula virtual. Non te esquezas de incluír ao
principio estes catro datos importantes do libro: TÍTULO - AUTOR/A – EDITORIAL
– EDICIÓN. Podes facelo a man ✏, na libreta de traballo 📒 ou escribilo nun documento
de texto co ordenador 💻 Como ti prefiras. Cando remates cóntallo a alguén da
familia, así estarás traballando a expresión oral. Lembra que é unha tarefa
para enviar.
