LINGUA GALEGA - TAREFA 38 - TAREFA TIC 💻 - GRAMÁTICA


Os martes tratamos de xuntar a Lingua Galega coas Novas Tecnoloxías. Se vos deixan o ordenador un anaco imos traballar cunha páxina moi interesante.  Hoxe repasaremos O VERBO: TEMPO E CONXUGACIÓN facendo unha serie de exercicios interactivos 💻
Seguide estas instrucións 👇:
1.- Accede á páxina no seguinte enlace:

2.- Repasa o traballado sobre o verbo. Podes consultar as páxinas 114, 115, 128 e 129 do libro de texto do segundo trimestre.

3.- Realiza os exercicios 1 a 5. Fíxate ben nos exercicios onde tes que ESCRIBIR ou ELIXIR  a resposta.

4.- Cando remates os exercicios, preme no botón de ¡Terminado! e escolle a opción de Comprobar mis respuestas. Seguro que sacas moi boa nota!!!

LEMBRADE que a videoconferencia de mañá mércores será de 11:00 a 12:00 h.

Entradas populares de este blog

Lengua Castellana, Natural Science 4º (24 de Marzo)

Festa dos Maios en Galicia