LINGUA GALEGA - TAREFA 33 - COMPETENCIA LECTORA 📖
E xa estamos rematando maio. O pasado día 17 celebramos o “Día das Letras Galegas”,
que este ano está dedicado a Ricardo Carvalho Calero, escritor, filólogo e
lingüista. Hoxe temos outro texto deste escritor para analizar e responder
unhas cuestións.
Imos ler un texto titulado “Agora” escrito por este autor. Está recollido das propostas
do Seminario Galán na súa páxina “SeminarioGalán.org” para conmemorar esta
data. Podedes descargar, imprimir o PDF
ou facer na libreta as actividades de COMPRENSIÓN LECTORA que propón. 👇
