LINGUA GALEGA - TAREFA 27 - TAREFA TIC - LETRAS GALEGAS
Seguimos falando das Letras Galegas 📘 Coma todos os martes, tratamos de xuntar a Lingua Galega coas Novas Tecnoloxías 💻. Se vos deixan o ordenador un anaco imos traballar cunha páxina moi interesante. Faremos unha serie de actividades interactivas sobre a figura de Ricardo Carvalho Calero noutro Libro LIM 📖, que nos achegan dende a páxina “SeminarioGalán.org”.
Seguide estas instrucións:
1.- Accede á páxina no seguinte enlace:
2.- Este material combina páxinas informativas con páxinas
de actividades. Debes ir facendo páxina a páxina premendo na frecha ⟹ que tes ao final de cada unha. É
indispensable que leas ben cada páxina informativa para poder facer as
actividades.
3.- Nalgunhas páxinas
aparece tamén o signo ✅ co que poderás comprobar se as túas respostas
son correctas.
