LINGUA GALEGA - TAREFA 25 - EXPRESIÓN ESCRITA - TEXTO INSTRUTIVO



Hoxe tocaravos a vós escribir un texto instrutivo. Coñecedes o que é UN MAIO? E como se fai? Pois iso é o que imos investigar para poder realizar esta actividade.
Mirade con atención os seguintes vídeos sobre “A FESTA DOS MAIOS”. Aquí poderedes atopar a información necesaria para escribir o voso texto instrutivo de “COMO FACER UN MAIO”.




Repasade as instrucións e consellos que estivemos a traballar na tarefa do pasado mércores e... mans á obra!!!
Boa fin de semana a tod@s. E lembrade pasear con todas as precaucións!!!

IMPORTANTE: Gustaríame que gardarades esta tarefa para que cando sexa posible a poidades enviar co fin de vela e corrixila. Podedes sacarlle unha foto, ou escribila nun documento de Writer ou convertila nun PDF. Seguro que papá e mamá vos botan unha man. Estamos traballando para habilitar un medio que nos permita facelo. Xa vos irei informando.


Entradas populares de este blog

Lengua Castellana, Natural Science 4º (24 de Marzo)

Festa dos Maios en Galicia