COMO ENTRAR NA AULA VIRTUAL E ENTREGAR TAREFAS
Bos días a tod@s. Aquí tedes a información necesaria para poñer en marcha a Aula Virtual a través da cal o alumnado poderá enviar as súas tarefas. No vídeo vén explicado de forma moi doada e detallada como debedes facelo. Se hai algunha dúbida podémola comentar á tarde na videoconferencia 💻
Ao longo da mañá de hoxe enviareille ás vosas familias a
través de abalarMóbil o voso nome de usuario e contrasinal para que poidades acceder
á Aula Virtual do Colexio (Moodle), que empregaremos, polo momento, para recibir
e poder comentar os vosos traballos.
Para acceder á Aula Virtual só tedes que entrar na páxina
web do Colexio, www.colexionslourdes.es e,
en Enlaces, premer sobre Aula Virtual (acceso restrinxido). A
continuación, introducides os vosos datos (usuario e contrasinal) e
poderedes ver as áreas
nas que estades matriculados. Dentro dalgunhas áreas hai xa creadas
entradas
para a entrega dalgúns dos traballos que vos pedimos que gardarades.
Iremos
engadindo máis pouco a pouco. Tamén hai a opción de entregar algún outro
traballo que fixerades e que vos faga ilusión compartir con nós.
Para guiarvos no proceso preparamos este vídeo:👇MATERIAL QUE PODE SER DE AXUDA ↴
A nosa preocupación por ir atopando ferramentas que faciliten o envío de tarefas aos profes lévanos ás veces a tirar de recursos que seguramente temos todos pero que igual non coñecemos. Hoxe queremos presentarvos este recurso gratuíto por se pode ser da vosa utilidade. Chámase Microsoft Office Lens – PDF Scanner. Posibilita facer unha foto de calquera documento (PDF, ficha, folio, folla da libreta…) co teléfono móbil 📱 e convertela automaticamente a formato PDF 📜, co cal é máis doado de gardar e de enviar. Deixámosvos os enlaces ás páxinas onde poderedes atopar a información desta ferramenta 👇 .
Saúdos, e a coidarse moito 😉.
Equipo docente.
App Store:
Google Play:
