ACTIVIDADE DE LECTURA 📖


Querido alumnado. Imos facer unha actividade de lectura 📖 en GALEGO que durará ata o remate do curso. Ide mirando os pasos a seguir:
1.- Escolle un libro 📘 en galego, axeitado á túa idade e que non teñas lido.
2.- Dedícalle todos os días un tempo 🕓 á lectura. Como as formiguiñas 🐜, pouco a pouco, pero sendo constantes. Unha das sesións de traballo de cada semana tamén a dedicaremos á lectura dese libro. Deberás rematalo antes do día 19 de xuño.
3.- Deberás ensinarme o libro escollido na videoconferencia 💻 da próxima semana. Lembra, o MÉRCORES, día 3 de xuño de 11:00 a 12:00 h.
4.- A próxima semana deberás completar un pequeno cuestionario sobre o libro.
5.- A última semana do curso realizaremos unha TAREFA 📝directamente relacionada con esa lectura. Será a derradeira tarefa do curso e unha das máis importantes, que deberás ENTREGAR cando a teñas rematada.

Parécevos ben a idea?
👉SI...
👉NON...
👉NON SEI QUE DICIR...
👉MOLA...
👉ESTE PROFE TOLEOU...
👉É UNHA IDEA ESTUPENDA...


Entradas populares de este blog

Lengua Castellana, Natural Science 4º (24 de Marzo)

Festa dos Maios en Galicia