VIDEOCONFERENCIAS eduXunta Webex
E logo, compañeiros e compañeiras, que vos parecería se intentamos vernos 👀 e falar 📞 un pouco por videoconferencia? Eu penso que estaría chulo, ou non? 👌
Para poder levalo a cabo témonos que preparar antes. Aquí vos deixo dous videotitoriais 📺sobre o uso das videoconferencias eduXunta Webex, por parte do alumnado. Mirádeos ben e preparade as vosas máquinas, ordenadores, tablets ou teléfonos 💻. En breve enviareivos unha proposta coa data 📆 e a hora ⌚ para que os que poidamos nos conectemos, vernos e charlar un anaco de todo o que nos apeteza.
A VER SE SOMOS CAPACES!!! 💪