LINGUA GALEGA - TAREFA 18 - SEMANA DO LIBRO - CARTEL
Empezamos a semana falando de carteis e imos rematala facendo un. A
proposta de hoxe é facer nun folio un cartel de FOMENTO
DA LECTURA, que invite á xente a ler. Imos tratar de resumir nunhas
poucas frases o principal do cartel e logo veremos un vídeo onde repasaremos de
forma visual todas estas ideas.
- É importante saber facer un cartel que atraia o lector con rapidez.
- Propósito útil. Transmitir unha mensaxe a unha audiencia específica.
- As frases deben ser curtas, claras e contundentes.
- Esteticamente agradables. Mentres máis atractivo sexa un cartel, máis eficaz será ao transmitir a mensaxe.
Agora xa podemos poñernos mans á obra... Demostra a túa creatividade!!!
