LINGUA GALEGA - TAREFA 12 - LECTURA - REFLEXIÓN - EXP. ESCRITA - SENTIMENTOS




Ola de novo, rapazas e rapaces. Retomamos as actividades lectivas tras o parón pola Semana Santa. Que tal levastes estas “rarísimas” vacacións?
Quería empezar este novo período cun recordatorio e cunha reflexión persoal. Lede este documento que nos achegan dende o Blog de Aulas Galegas. É un PDF do que vos indico o enlace, e que podedes compartir e ler coas vosas familias.
Tamén nos poden resultar útiles as recomendacións, ideas e enlaces a recursos interesantes que podemos atopar na rede.
Despois disto, unha pequena reflexión persoal para escribir na libreta. A ver se sodes quen de explicar máis ou menos en 10 liñas: “Como me estou a sentir nesta situación?”.


Entradas populares de este blog

Lengua Castellana, Natural Science 4º (24 de Marzo)

Festa dos Maios en Galicia