IDEAS PARA NON ABURRIRTE NAS VACACIÓNS
IDEAS PARA NON ABURRIRTE NAS VACACIÓNS – 4º EP
Como seguro que
xa lestes a información anterior sobre as vacacións de Semana Santa,
coñeceredes que durante ese período de tempo non haberá actividades lectivas.
Este documento
o único que pretende é recordarvos cousas que podedes facer e darvos algunhas
suxestións e orientacións aportadas polo equipo de profesoras e profesores.
Algunhas son moi parecidas ás que xa aparecían reflectidas no primeiro
documento que se vos enviou ao principio das actividades non presenciais.
SON DE CARÁCTER TOTALMENTE VOLUNTARIO!!!
Non son para
que fagades de todo e todos os días, senón para que vos sirvan de guía,
para que vos organicedes e planifiquedes o voso tempo de traballo se vos parece
ben.
Podes facer un pequeno resumo ou
contarlle á familia o que estás a ler. Organiza o teu propio taller
de escritura. Por que non probas a facer un diario, ou algo parecido a “O
misterio do calendario”? Non é tan difícil. Podes facelo tanto en galego coma
en castelán.
Apetéceche facer un CÓMIC? Aquí vouche deixar un
enlace para que o teñas doado:
BO
DESCANSO CHAVALADA!!!
O titor de 4º EP
