RELIXIÓN / VALORES 4º EP "quedamosnacasa"
Levamos xa oito días traballando moi duro desde a casa e estádelo a facer
moi ben. Hoxe para a clase de Relixión/Valores propóñovos un xogo. Un xogo de compartir
momentos, de empatía, cooperación,
responsabilidade... Un xogo interactivo para que vos divirtades en familia ante
a pantalla e movéndose pola casa. Podedes probar nesta fin de semana e o luns
xa me contaredes que tal vos foi. É un recurso que nos facilita Amalia P. Otero
no portal educativo Aulas Galegas. Grazas, Amalia por compartilo!!!
E vós, a pasalo ben en familia. Aquí vos deixo o enlace.
