O MISTERIO DO CALENDARIO
Ola a tod@s. Grazas,
grazas e máis grazas!!! Xa recibín a maioría das vosas respostas. Estiven a
facer unha análise do que pensades e coincido con vós en moitas cousas. Parece
que tod@s temos máis ou menos claro o que pasou neses últimos catro días nos
que non tivemos actividade lectiva. Todas as aparicións estaban relacionadas co
acontecemento que se celebraba en cada unha delas! Estivestes moi de acordo nas
vosas conclusións. O que xa non temos tan claro son as outras cuestións. Quen é
o sospeitos@? Que está a pasar co calendario? Como solucionar este enredo?
De todos xeitos, hai algo
que me ten moi mosqueado. Durante estes días en que me estivestes a axudar coas
vosas opinións, o calendario non se moveu do seu sitio. É coma se estivese á
espreita, agardando polas vosas teorías, coma se tivese medo de que se descubrira
o culpable. E non se moveu do sitio...
Ata hoxe!!!
Débese crer moi simpático...
Ou estará tratando de arrincarnos un sorriso...?
Non sei. O que si é
certo, é que o humor non se debe perder nunca. Incluso en situacións tan
complicadas como a que nos está tocando vivir. Igual nos quere recordar que hai
que levantarse con enerxía positiva, ter un sorriso para dedicarlle á familia, compartir
esas “chorradas” que nos mandan ao móbil...
... SER POSITIVOS ...
Tratar de
ver o lado bo das cousas, reparar no que antes nos pasaba desapercibido,
aprender a valorar o que hai uns días tiñamos e agora perdemos, ou a pisar o
freo dese Fórmula 1 en que ás veces se convirte a nosa vida...



