O MISTERIO DO CALENDARIO
Sigo co misterio. A que non sabedes onde atopei
onte o calendario? Pois xa o daba por perdido cando pensei en tocar un pouco a
guitarra. Reláxame moito e faime desconectar da realidade. Mira, por certo, é un bo
momento para dedicarlle un ratiño á música todos os días, pois tempo imos ter abondo.
Isto empeza a ser verdadeiramente preocupante. Xa non sei
que facer!
Hoxe, pois máis do mesmo. Despois de deixar o calendario de novo no seu
sitio, volveu desaparecer. Empecei a buscalo por toda a casa entre pausa e pausa
no traballo e non aparecía por ningures. A iso da unha e media púxenme a facer
o xantar. Hoxe tocaba polo asado. Xa estaba preparado de onte, así que o que
primeiro fixen foi acender o forno. Vaites!!! Cacho susto pasei!!!
E non estaba alí, o condenado?
Non sei que está pasando, pero non me gusta nada. A ver
que ocorre nestes días nos que non estaremos en contacto! Pero necesito xa algunha
explicación. Podédesma dar vós? Por favor, pensade nestes días o que pode estar
a pasar co ditoso calendario e dádeme o luns a vosa opinión. Será unha das
tarefas que fagamos. Váleme calquera hipótese, por disparatada que sexa. Vós
tedes máis imaxinación ca min e de seguro que se vos ocorrerán moitas e moi
variadas ideas. Aposto o que sexa a que entre todas e todos sodes quen de dar co motivo
deste meigallo que tan desacougado me ten!
O VOSO PROFE NECESÍTAVOS!!!

