O MISTERIO DO CALENDARIO
Ola, nenas e nenos. TÉDESME QUE AXUDAR!!!!!!
Desde que estamos na casa, co estado de alarma do virus
ese, estame a pasar unha cousa moi rara!!! Si, pero que moi rara!!!
Non, non é que me estea volvendo tolo, nin que pillara o coronavirus , pero non acabo de entender que pasa e por iso preciso da vosa axuda.
Cóntovos desde o principio.
Teño un calendario na casa que leva así, quietiño na cociña, de toda a vida. Vaaaale, de toda a vida non, dende o un de xaneiro de 2020. E iso que ten de raro?, preguntaredes vós. Pois aí está a fonte da miña inquedanza. Que dende o día 14 de marzo, semella que o calendario teña vida propia. Vamos, que cambia de sitio cando lle peta. Que dende ese día desaparece do seu sitio na cociña e o atopo noutro lugar da casa.

Ao principio no lle dei importancia. Que raro!, pensei, alguén
o debeu poñer aquí, nunha das estanterías da sala. Igual o colleu para ver
algo, despistouse e deixouno aí. A verdade, nin preguntei.
Pero o luns, cando estaba a almorzar, erguín a cabeza e o
calendario xa non estaba onde o volvera a colocar o día anterior. Desaparecera
de novo. É unha broma que me está a gastar alguén da familia, seguramente o
meu fillo, que lle gusta vacilarme de cando en vez. Falei con el e xuroume que
non tiña nada que ver co asunto, que si era eu quen se “quería quedar con el”. Aí
empecei a preocuparme seriamente!
Mirade onde o atopei!!! Terei un trasno na casa??? Por favor, necesito a vosa axuda!!!
(CONTINUARÁ)