ATA O LUNS!!!

Ola nenas e nenos de 4º

Como xa sabedes, os vindeiros días 19, 20, 21 e 22 non se consideran lectivos e será, sen dúbida, unha ponte atípica, así que seguiremos coa formación non presencial o luns día 23 de marzo.

Durante estes días hai varias datas destacadas:

Xoves 19 de marzo: Festivo, San Xosé. Día do Pai. PARABÉNS!

Venres 20 de marzo: Festivo de Centro. Tamén comeza a PRIMAVERA!

Sábado 21 de marzo: Día Mundial da Poesía.

Domingo 22 de marzo: Día Mundial da Auga.

En relación con algunhas destas datas propoñeranse actividades o vindeiro luns.

Se mentres queredes seguir facendo algunha actividade do Colexio, podedes revisar os anteriores posts, ou tomar como referencia a Proposta xeral de actividades de 4º EP (o primeiro post).

Aproveito para recordarvos que nós propoñemos actividades e recursos, porque seguimos traballando na vosa formación, pero non é necesario que as fagades todas nin que fagades todas o mesmo día que as subimos. Escollede coa axuda das vosas familias na medida das posibilidades! E se hai algunha dúbida atenderémola nos días lectivos a través do correo electrónico do Centro.

Os crocus anunciaron hai xa unhas semanas que a primavera estaba a chegar


Un avance...con moita arte!

A primavera na pintura 🎨
Unha das pinturas máis famosas da historia da arte é A primavera de Sandro Boticelli. Pintouna cara 1480 e atópase actualmente na Gallerie degli Uffizi (Florencia, Italia). Mide nada máis e nada menos que 207 x 319 cm!

Queres vela dende a casa? 

Se che gustou e queres vela mellor, ampliándoa para percibir todos os detalles, podes facelo grazas á tecnoloxía HD. Preme na ligazón:

E na música 🎼
Apetéceche escoitar A primavera, de Vivaldi? 🎻
(VIVALDI. As catro estacións. A primavera. 3º Movemento)

...e cuns exercicios de Ioga para relaxarnos e mobilizarnos!


                                      Preme na ligazón:  Ioga todos os días

Unha forte aperta 😊

Titor de 4º EP

Entradas populares de este blog

Lengua Castellana, Natural Science 4º (24 de Marzo)

Festa dos Maios en Galicia