ACTIVIDADES DURANTE O PERÍODO NON PRESENCIAL – 4º EP

Ola!
Estas son unhas recomendacións xerais e un recordatorio do que levamos traballado no que vai de curso. Válidas para todos e todas, pero especialmente para os/as que teñan problemas en utilizar os medios informáticos e non poidan ir recibindo indicacións con asiduidade. Non hai que facer de todo e todos os días, senón planificarse e repasar aqueles contidos máis importantes. Para os/as que vos ides ir conectando, faremos propostas de traballo día a día, seguindo normalmente o horario habitual da materia.

Ánimo, que poderemos con todo!!!!!!
O Titor de 4º EP

RECOMENDACIÓNS XERAIS

Le todos os días un pouco. Podes utilizar toda clase de textos. De seguro que atoparás moitos e moi variados: contos, poesía, diarios, fábulas, informativos, biografías, cartas, noticias, artigos, lendas, reportaxes, teatro, históricos, entrevistas, novelas, etc.
Podes facer un pequeno resumo do que les e traballar a comprensión lectora.

Organiza o teu propio taller de escritura realizando exercicios de composición que temos traballado no que vai de curso. De seguro que tés temas e ideas para poder afrontalos todos. Estas son algunhas suxestións:
Conta experiencias. Escribe unha receita. Reescribe algunha noticia que leas nun xornal. Escríbelle unha carta a un amigo ou familiar. Escribe un conto.

Se queres facer un repasiño gramatical podes utilizar a libreta de traballo e recordar os seguintes contidos:
A orde alfabética, a sílaba, o grupo nominal, o substantivo, o adxectivo, os determinantes, o verbo.

No tocante á ortografía traballamos os seguintes contidos:
Maiúsculas, sílaba tónica, normas de acentuación, acentuación de ditongos e hiatos e palabras con B, V, H, ex-, es-.

Repasa o vocabulario. Traballamos as seguintes clases de palabras:
Sinónimas, antónimas, polisémicas, parónimas, homófonas, derivadas,  simples e compostas, diminutivos e aumentativos, familia.

Fai exercicios de cálculo con números naturais e decimais.

Resolve problemas aritméticos similares aos que levamos feito neste curso (o caderno de traballo pódeche servir de guía). Todos os días temos casos prácticos para aplicar ás matemáticas (podes comprobar, por exemplo, se a lista da compra é correcta).

Repasa INGLÉS. Podes volver a facer os exercicios do libro. Por que non probas a ver unha película ou escoitar cancións en inglés?

NATURAL SCIENCE AND SOCIAL SCIENCE
Revise the units what were done in class. To improve your English Skills, you can read books and watch TV in English.

A  Estrada, marzo de 2020


Entradas populares de este blog

Lengua Castellana, Natural Science 4º (24 de Marzo)

Festa dos Maios en Galicia